Píllao o radar a 170 Km/h e ao darlle o alto na peaxe de Vilaboa dá positivo en drogas

Vilaboa
23 de xuño 2023

A Garda Civil denunciou un condutor ao que deu o alto na peaxe da AP-9 en Vilaboa, en dirección a Pontevedra, por tres infraccións graves, incluída condución neglixente

Condutor detido na peaxe de Vilaboa por circular a 170 Km/h
Condutor detido na peaxe de Vilaboa por circular a 170 Km/h

A Garda Civil do Subsector de Tráfico de Pontevedra denunciou o condutor dun turismo deportivo de alta gama por cometer ata tres infraccións graves de seguridade cando circulaba pola autoestrada AP-9 en dirección a Pontevedra.

O home foi parado na peaxe de Vilaboa tras ser detectado por un radar de velocidade circulando a 170 quilómetros por hora, cando o máximo da vía é de 120. Sucedeu o pasado mércores 21 de xuño.

Segundo explica a Garda Civil, outra patrulla integrante do control observou como o condutor do vehículo circulaba de forma neglixente creando unha situación de risco ou perigo para si mesmo e para outros usuarios da vía. 

O denunciado é un home de 30 anos, veciño da Coruña, que nese momento foi requirido para a realización de probas de detección de drogas, estupefacientes e substancias psicotrópicas, lanzando resultado positivo indiciario en drogas.

Por todo iso os axentes procederon ao abrir un expediente de denuncia contra el, expoñéndose polo positivo a unha posible sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do seu carné, pero tamén se abriron outros dous expedientes por conducir excedendo os límites de velocidade establecidos (300 euros e 2 puntos do carné) e outro por conducir de forma neglixente (sanción de 200 euros).