Pillan tres mozos que se levaron un barril de cervexa da carpa de San Patricio

Pontevedra
28 de marzo 2014

Axentes da Policía Nacional identificaron tres mozos de 20, 22 e 21 anos, naturais de Vigo, Gijón e Asturias, como presuntos autores dun furto de diversos efectos do interior da carpa habilitada para a celebración de San Patricio

Celebración de San Patricio
Celebración de San Patricio / Diego Torrado

Axentes da Policía Nacional identificaron tres mozos de 20, 22 e 21 anos, naturais de Vigo, Gijón e Asturias, como presuntos autores dun furto de diversos efectos do interior da carpa habilitada para a celebración de San Patricio.

Os feitos remóntanse ao pasado día 20 de marzo, cando con ocasión de patrullar en prevención da Seguridade Cidadá os axentes detectaron ao presenza dun grupo de mozos portando un barril de cervexa, seis vasos de cristal, tres gorros con inscricións e varias banderillas decorativas.

Os mozos recoñeceron de xeito espontáneo telos subtraído do interior da carpa polo que os axente tras identificalos lles interviñeron os efectos para entregárllelos aos encargados da festa que os recoñeceron sen ningunha dúbida.