O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, investigou a AJ.D.R., veciño de Poio, como suposto autor dun delito de estafa na venda dun vehículo.
Fontes oficiais do Instituto Armado informaron que as pescudas leváronse a cabo por parte do Grupo de Investigación e Apoio a Tráfico (GIAT), por mor da denuncia presentada polo comprador do turismo marca Audi, modelo A5.
O vehículo fora vendido polo investigado despois de ser alterados os quilómetros do odómetro.
Con esta manipulación o vendedor procedeu a rebaixar uns 100.000 quilómetros dos totais co fin de obter maior beneficio económico na súa venda.
Por todo iso procedeuse á súa investigación como suposto autor dun delito de estafa. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, onde terá que presentarse o investigado cando para iso sexa requirido.