Pilar Rojo, Lupe Murillo e Jacobo Moreira recibirán aos veciños na súa oficina parlamentaria

Pontevedra
01 de marzo 2017

Cada xoves entre as 18 e as 20 horas na sede local do PP de Pontevedra (rúa Palamios 7, baixo), Pilar Rojo, deputada nacional, e Guadalupe Murillo e Jacobo Moreira, deputados autonómicos, atenderán a todos os veciños que, previa cita, desexen trasladar as súas inquietudes ou propostas

Jacobo Moreira e Lupe Murillo
Jacobo Moreira e Lupe Murillo

Dende este xoves, os veciños da comarca de Pontevedra contarán cun novo mecanismo para poder dar traslado das súas demandas, suxestións, queixas e reclamacións. O Partido Popular de Pontevedra pon en marcha a súa oficina parlamentaria.

Cada xoves entre as 18 e as 20 horas na sede local do PP de Pontevedra (rúa Palamios 7, baixo), Pilar Rojo, deputada nacional, e Guadalupe Murillo e Jacobo Moreira, deputados autonómicos, atenderán a todos os veciños que, previa cita, desexen trasladar as súas inquietudes ou propostas.

"Queremos ofrecer aos veciños tanto do municipio de Pontevedra como da comarca a posibilidade de comunicarnos as súas necesidades, demandas... e poder así dun xeito máis áxil tratar de darlles unha solución", destacou o presidente local do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira.