Pilar Rojo destaca que o PP "é o que ten unha proposta única, seria e solvente"

Pontevedra
08 de outubro 2012

Fronte á proposta popular, dixo, hai un programa compartido no que o PSdeG-PSOE "vai ter que poñerse de acordo con outros partidos e os seus líderes, que son uns cantos"

Pilar Rojo e Jacobo Moreira repartiron propaganda electoral do PP polas rúas de Pontevedra
Pilar Rojo e Jacobo Moreira repartiron propaganda electoral do PP polas rúas de Pontevedra /

A maquinaria electoral dos partidos segue a pleno ritmo e a falta de mitines electorais, bos son os paseos pola cidade. Iso é o que fixeron nesta xornada os candidatos do Partido Popular, Pilar Rojo e Jacobo Moreira, quen acompañados polo presidente local do partido, Telmo Martín, protagonizaron un reparto de propaganda electoral polas principais rúas de Pontevedra, "tratando de facer visible o noso proxecto".

Fixérono horas antes do debate electoral entre Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez. Grazas a el, dixo Pilar Rojo, o PP espera que os galegos vexan que nestas eleccións hai dúas alternativas "por unha banda, a dun presidente que lidera un partido cunha proposta única, seria e solvente, e por outro a dun candidato que terá que explicar un programa compartido, porque vai ter que poñerse de acordo con outros partidos e os seus líderes, que son uns cantos".

Pero aínda que todas as enquisas son moi favorables aos intereses do PP, os populares non se confían. Pilar Rojo insiste que en que "marcan tendencias e poder ser moi estimulantes, pero a enquisa que importa é a do 21 de outubro". Neste sentido, a candidata indicou que "non temos que crer nada e seguir traballando ata as elección, explicando á xente o que queremos facer e que sexa a enquisa das urnas a que nos dea a maioría, que é o que queremos todos".

Arquivado en