Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional de Oriente Medio e o Norte de África, onde aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.
O bonito do norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados. A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.
O pilaf é un modo tradicional de cociñar o o trigo ou o arroz con hortalizas, carnes ou peixe e con condimentos picantes. A súa orixe sitúase a camiño entre os pobos turco e persa.
Para esta receita usaremos a variedade trigo bulgur, que se obtén a partir da cocción dos grans tenros de trigo, que posteriormente se deixan secar durante varios días e machúcanse ata que fragmentan en anacos máis pequenos. Nas tendas pódese mercar xa preparado.
Para preparar un delicioso Pilaf de trigo bulgur e bonito do norte Pescamar usaremos os seguintes ingredientes:
- 2 vasos de trigo bulgur
- 1 lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar
- 100 gramos de gambas peladas
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 tomate maduro grande
- 1 pemento verde
- 1 pemento vermello
- Aceite de oliva
- 2 culleradas de manteiga
- Sal
- Pementa negra
- Cúrcuma
Preparación:
Lavamos dúas veces o trigo bulgur e escorrémolo.
Á parte, poñemos un chorro de aceite de oliva nunha tixola e sofritimos a lume medio os allos, a cebola e os pementos, todo previamente. Cando empecen a facerse, engadimos o tomate en pequeños anacos e removemos aos poucos.
A continuación, incorporamos o trigo bulgur, cubrimos con auga, subimos o lume e cando empece a ferver baixamos a temperatura media. Engadimos as gambas peladas e deixamos que se cociñe.
Cando o trigo estea no seu punto e a auga evaporada, engadimos a lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar, as dúas culleradas de manteiga que previamente teríamos derretido, o sal, a pementa e a cúrcuma. Mesturamos ata que se liguen todos os ingredientes, tapamos e deixamos repousar uns minutos antes de servir.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.