Piden que constrúan no monte a subestación do AVE proxectada para Bértola

Vilaboa
26 de marzo 2013

Veciños de Vilaboa, acompañados polo seu alcalde, José Luís Poceiro (PSOE) e a tenente de alcalde, Ornela Fernández (BNG), presentaron hoxe 430 recursos de reposición contra a subestación eléctrica que alimenta ao AVE. Os veciños co apoio da comunidade de Montes e o respaldo do goberno municipal propoñen a alternativa de instalar a subestación no monte "lonxe das casas"

Recursos contra a subestación do AVE en Bértola (Vilaboa)
Recursos contra a subestación do AVE en Bértola (Vilaboa) / PontevedraViva

Veciños de Vilaboa, acompañados polo seu alcalde, José Luís Poceiro (PSOE) e a tenente de alcalde, Ornela Fernández (BNG), presentaron hoxe 430 recursos de reposición contra o proxecto de construcción dunha subestación eléctrica para alimentar ao AVE.

Este grupo de veciños das parroquias de Bértola e Figueirido mantiveron unha breve concentración ás portas da sede do edificio administrativo da Xunta cunha pancarta co lema "Subestación ao pé dás casas non. Alternativa xa!".

Os recursos de reposición presentados pretenden que se anule a declaración de utilidade pública desta subestación que vai ser construída no centro da parroquia de Bértola. Unha autorización que foi aprobada polo Consello da Xunta o pasado 24 de xaneiro e que, actualmente, está en periodo de exposición pública. Tamén o goberno local presentará un requerimiento de anulación de dito acordo.

Segundo explicou Ornela Fernández "con estas accións e movilizacións pretendemos que se abra un diálogo tal e como comprometeu o conselleiro de Industria na última reunión que mantivemos con el".

Os veciños co apoio da comunidade de Montes e o respaldo do goberno municipal propoñen a alternativa de instalar a subestación no monte "lonxe das casas".

Segundo informou a tenente de alcalde tanto o conselleiro de Industria, Francisco Conde, como o secretario xeral de Industria, Luís Valero, coñecen esta proposta e ata "se comprometeu a interceder con Rede Eléctrica de España para expoñerlle a posibilidade de negociar para desprazar dita instalación ao monte", con todo, a día de hoxe, aínda non teñen ningunha noticia sobre esta xestión, Ornela Fernández.