Tras a última colisión dun camión na ponte do tren en San Caetano, o Concello volveu a pedir á Xunta de Galicia que "reconsidere" a súa negativa a executar a variante de Alba, un vial que vai camiño de dúas décadas de reivindicacións.
Así o solicitou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, ao entender que este accidente evidencia que é "necesaria" unha alternativa para desviar o tráfico pesado e evitar que usen a PO-225 para cruzar entre a PO-531 e a N-550.
"Esa alternativa ten nomes e apelidos", sinalou Gulías. O vial permitiría, por unha banda, que os camións "non quedan atascados na ponte" e, por outro, facilitar a mobilidade entre as parroquias de Campañó, Lérez e Alba.
A edil engadiu que Pontevedra "ten dereito" a contar con infraestruturas viarias que permitan á cidade estar comunicada "axeitadamente" co resto dos seus núcleos.