A praia de Silgar, en Sanxenxo, viviu escenas complicadas na tarde deste xoves. Uns bañistas sacaron da auga unha muller que mostraba síntomas de afogamento e mesmo se pediu o desprazamento dun helicóptero ata o areal para poder trasladala con maior rapidez e o necesario desaloxo de todo o entorno para que puidese aterrar, aínda que finalmente foi evacuada en ambulancia
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, 112, ocorreu arredor das 17.30 horas e os profesionais de Urxencias Médicas pediron que fose desaloxado o areal para permitir a aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.
Estas mismas fontes indicaron que finalmente, a persoa puido ser evacuada por unha ambulancia para ser atendida no Hospital Domínguez de Pontevedra. Para a súa atención foi importante a colaboración cidadá, pois varias persoas chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias pediuse, ademais, a colaboración dos axentes da Policía Local e dos membros do GES.
CAE UN OCTOXENARIO DUN TELLADO
Por outra parte, un home duns 80 anos si foi trasladado este xoves polo helicóptero medicalizado con base en Santiago despois de caer dende o tellado dunha casa situada na Rúa Casaldarnos, en Ribadumia.
O CAE 112 Galicia rexistrou o accidente arredor das 14.00 horas e o persoal solicitou a colaboración dos voluntarios de Protección Civil e dos axentes da Garda Civil.