Petición do BNG ao Concello de Cerdedo-Cotobade para iniciar accións xudiciais que deteñan os parques eólicos

Cerdedo-Cotobade
21 de xuño 2023

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, presentou un escrito solicitando ao goberno municipal que emprenda as accións legais co obxectivo de paralizar a tramitación dos parques eólicos que afectan o municipio, ao achegarse o final de prazo para presentar recursos

Aeroxerador dun parque eólico
Aeroxerador dun parque eólico / Diego Torrado

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, presentou un escrito solicitando ao goberno municipal que emprenda as accións legais co obxectivo de paralizar a tramitación dos parques eólicos que afectan o municipio, ao achegarse o final de prazo para presentar recursos.

"Supón unha ameaza directa desde o punto de vista ambiental, patrimonial, social e económico", afirma o representante nacionalista entre outros factores ao entender que a instalación dos aeroxeradores se depreciarán as propiedades das persoas do municipio.

O portavoz nacionalista lembra as "masivas manifestacións" e a presentación de centos de alegacións aos distintos proxectos de parques eólicos previstos.

Sinala que o BNG se opón á especulación e ao espolio de recursos naturais en beneficio de intereses privados, que "hipoteca gravemente" o futuro das parroquias e das súas xentes. Reclama que os beneficios destas instalacións queden no territorio.

Cerdedo-Cotobade, segundo a oposición municipal, verase afectado polos parques eólicos dos Cotos, Campo das Rosas, Porto Vidros, As Penizas, Touriñán III e Monte Festeiros.

Arquivado en