A conserveira de Poio Pescamar corrixiu a oferta presentada para a adquisición de Alfageme dentro dos cinco días de moratoria que lle dera o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para emendar posibles deficiencias na documentación inicial.
Fontes consultadas confirmaron que Pescamar entregou a documentación solicitada en tempo e forma, xa que o prazo comezou o xoves 8 e remataba o luns 12 de novembro.
Dende Pescamar rexeitou facer valoracións ao respecto e a dar detalles sobre a oferta presentou ante os administradores concursais para que poida retomarse o proceso de adxudicación do grupo Pescamar.
Ao respecto, dende a Xunta de Galicia indicouse que a ofertas deberían cumprir como condicións "o mantemento dos postos de traballo e a devolución de parte do diñeiro que a Xunta tivo que poñer de aval neste proceso".
Ademais da conservera de Poio, presentáronse ao concurso a empresa cántabra El Consorcio Conservero Español e Coswinga, unha firma vinculada á familia Lago, anterior propietaria de Alfageme.
Horas antes de que finalizase o prazo, e sen saber se Pescamar presentara a documentación ou non, medio centenar de traballadoras de Alfageme pecháronse na fábrica da conserveira en Ribadumia.
O encerro produciuse pola mañá e tiña como obxectivo esixir a venda da fábrica fronte á poxa.