O experimentado pescador e operario de Obras do Concello de Ponte Caldelas, Manuel Barros, capturou un exemplar de troita de 2 quilos e 102 gramos de peso e que medía 58 centímetros.
Foi este martes nas augas do Río Verdugo, uns metros máis arriba dos Pasos da Fraga, na mesma zona onde fai xa dous anos capturou outro exemplar de 2,5 quilos e 63 cm de lonxitude.
Barros, que leva 47 anos pescando "dende que tiña 12 anos" recoñece que mirara o exemplar fai un mes, pois as troitas de maior tamaño móvense sempre polas mesmas zonas do río, neste caso, nunha ubicación próxima ós Pasos do Fraga, río arriba.
"Agora tocará saboreala en boa compañía, asada no forno ou á cazola, que é como mellor saben as troitas que teñen un tamaño tan grande", manifestou o pescador.