Persoal do Concello solicita a Ana Pontón a súa mediación co alcalde

Pontevedra
11 de xaneiro 2024

A Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra acordou solicitar unha reunión coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón para pedirlle a súa mediación co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores

Protesta de traballadores do Concello antes do pleno municipal
Protesta de traballadores do Concello antes do pleno municipal / Mónica Patxot

A Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra acordou solicitar unha reunión coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón para pedirlle a súa mediación co alcalde, #Miguel Anxo Fernández Lores.

Esta solicitude, feita por carta, conta co respaldo dos delegados sindicais de CC OO, CIG, CSIF, SPPME e UXT.

A Xunta de Persoal pide á intervención da líder nacionalista "por mor da degradación dos dereitos laborais e os continuos ataques á representación legal do persoal desde fai máis de catro anos". 

Os representantes dos traballadores consideran que as políticas de persoal que o grupo municipal do BNG está a manter "contradin a postura e os principios que ese partido afirma defender".