Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado ao mediodía deste martes na avenida da Barca, en Poio.
O sinistro consistiu na colisión entre dous vehículos rexistrada sobre as 14.00 horas. Segundo a información facilitada pola Policía Local, un camión golpeou un turismo á saída da rotonda da Barca.
Como consecuencia deste accidente, o tráfico quedou cortado na estrada PO-308 en dirección a Poio durante aproximadamente unha hora, ata a retirada dos vehículos sobre as 15.00 horas.
A persoa ferida de carácter leve foi o condutor do turismo. Foi atendida por unha ambulancia do 061.
Por outra banda, este luns 4 de novembro a Policía Local de Poio tamén tivo constancia dun accidente sobre as 14.00 horas avenida do Peirado Besada coa PO-309.
Nesta ocasión, foi unha colisión entre un turismo e un condutor dun vehículo de mobilidade persoal (VMP), un patinete.
O condutor do patinete resultou ferido e foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.