Perrucas altruístas para facer máis levadío o proceso oncolóxico

Pontevedra
24 de xaneiro 2021

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) ten en marcha un banco de perrucas no que o altruísmo é a peza fundamental. Con máis de 10 anos de vida, na actualidade ten en Pontevedra unhas 200 pezas en stock, todas procedentes de doazóns de pacientes ou elaboradas pola propia asociación en base a pelo natural tamén doado

María Sanmartín mostra algunha das pezas do banco de perrucas da AECC en Pontevedra
María Sanmartín mostra algunha das pezas do banco de perrucas da AECC en Pontevedra / Mónica Patxot

O impacto do cancro na autoestima e o autoconcepto do paciente adoita chegar parello á enfermidade, dificultando aínda máis un proceso xa de seu doloroso; e a perda do cabelo é, habitualmente, un deses momentos críticos nos que as emocións se cambalean. Para facer máis levadío o proceso, e axudar na medida do posible a que os seus efectos se reduzan, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) ten en marcha un banco de perrucas no que o altruísmo é a peza fundamental. 

O banco está situado na sede da AECC na rúa Augusto González Bicada e aberto a todo paciente que así o precise"La gente puede venir a ver el banco de pelucas que tiene la asociación. Antes de que le caiga el pelo, puede venir, porque así vemos la forma del pelo, el largo, ondulada, rizada, risa... Si hay alguna que le guste, se la queda", explica María Sanmartin, unha das traballadoras sociais da entidade. 

O banco naceu case coa propia asociación, en Pontevedra leva máis de dez anos funcionando e na actualidade ten unhas 200 perrucas en stock, todas procedentes de doazóns de pacientes ou elaboradas pola propia asociación en base a pelo natural doado por persoas anónimas que queren realizar esta pequena contribución para axudar a pacientes oncolóxicos. 

Na asociación son conscientes de que a perda do cabelo pode ter ese elevado impacto emocional e tamén do elevado prezo das perrucas no mercado, pois "hay de todos los precios, las sintéticas son un poco más económicas; las cortas, más que las largas", pero, en todo caso, son altos"desde 300 euros la más barata, y de ahí para arriba, incluso de 1.000 o 1.500". Por iso resulta importante que as pacientes poden dispoñer dunha de forma gratuíta.

A demanda é elevada e, segundo explica María Sanmartín, "una vez a la semana siempre viene una persona a interesarse por las pelucas", de modo que a media de peticións anuais adoita alcanzar as 60. Unha elevada demanda que lles leva a manter sempre aberta a petición de novas doazóns. 

Esta solidariedade é de ida e volta, de modo que toda paciente que pasa pola enfermidade, unha vez que pasa por todo o proceso da enfermidade e está recuperada, , "si la peluca está en buenas condiciones, la pueden volver a donar para la asociación". E a roda ponse de novo en marcha. 

No stock da AECC hai unha gran variedade de posibilidades, pois teñen perrucas de varias cores e formas, "largas, cortas, castañas, rubias, grises... entre unas y otras, alrededor de 200", explica a traballadora social da entidade. E engade que, de todos os xeitos, a paciente "la adapta a su gusto"

Co obxectivo de que esa perruca se adapte o mellor posible á súa nova vida, e a paciente senta o máis cómoda posible con ela, "le decimos que puede ir a su peluquería de confianza y que allí le aconsejen y, llegado el momento, puede cortar el pelo y poner la peluca". E a propia perruca "si la quieran cortar, pueden; si la quieren teñir, pueden". O obxectivo é sempre o mesmo, que cando a paciente se poña fronte ao espello, se recoñeza e se vexa o mellor posible, mellorando o seu  autoconcepto.

O banco de perrucas anima ás persoas que superen a enfermidade a que doen as perrucas que xa non necesitan e tamén ao resto da cidadanía a que doe o seu cabelo. Poden acudir ao seu salón de peiteado, cortalo e levalo á asociación, ou mesmo hai salóns que xa se encargan de xestionar a entrega. A única condición é que o pelo teña un longo mínimo de 35 centímetros

O banco de perrucas ten pezas tanto de fibra sintética como elaboradas con pelo natural. As de pelo natural son máis caras, por iso é polo que esas doazóns resulten importantes. Ese cabelo a asociación recólleo en Pontevedra, envíao á súa sede en Madrid e alí teñen un convenio cunha empresa que elabora a perruca. Como destino final, o postiza xa elaborado, regresa a Pontevedra. 

En relación con estas doazóns, María Sanmartín lembra que ""por todas las dificultades de la crisis sanitaria que estamos atravesando, está ese tema parado" e non se están elaborando esas perrucas, pero, en todo caso, as doazóns non teñen por que deterse, senón que "la gente que se anime a donar, puede venir y nosotros lo estamos guardando y cuando se ponga todo en marcha, se pueda recuperar". 

Nesta iniciativa a solidariedade dos pontevedreses é cada vez máis elevada e  "siempre también viene mucha gente a donar esa trenza y esa coleta para poder ayudar a la asociación y ayudar a la gente que está pasando por este proceso". Ata a súa sede chegan tanto particulares como algún salón de peiteado que chega a levar caixas cheas de pelo dos seus clientes.

Para completar as opcións do banco de perrucas, a AECC tamén ten un banco de panos e turbantes, pois as opcións son infinitas e o importante, de novo, é que a paciente senta o máis cómoda posible.