O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, non dubidou un minuto ao afirmar que o lume que arrasou parte do seu municipio foi intencionado.
Varias son as razóns que lle levan a esta conclusión, entre outras, a hora á que se iniciou o lume, ao caer a noite cando os medios aéreos xa non poden actuar, e despois o lugar onde se localizaron algúns focos. "Buscaban facer dano", denunciou publicamente o rexedor.
Pola súa banda a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixo unha chamada á "sensatez da xente" e que contemplen o monte "como unha fonte de riqueza e non como unha ferramenta de destrución".
A conselleira visitou Ponte Caldelas xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Quintana fixo referencia ás chuvias anunciadas para as próximas horas e advertiu que esta circunstancia parece que "animou a máis xente a achegarse, casualmente a partir dás 11 da noite, a moitos núcleos do rural cun certo ánimo de facer dano".