Pepa Pardo, do PP, pon en dúbida a existencia dun informe municipal que avale a reactivación do botellódromo

Pontevedra
13 de novembro 2021

A concelleira do Partido Popular Pepa Pardo solicitou por rexistro unha copia do informe xurídico que segundo o Concello xustifica esta decisión do goberno local. Os populares mostran a súa preocupación polo "incipiente número de menores que están a asistir ao botellódromo no Recinto Feiral"

Grupo de mozos no botellódromo de Pontevedra
Grupo de mozos no botellódromo de Pontevedra / Alba Weigand

 Pepa Pardo, concelleira do Partido Popular en Pontevedra, presentou unha solicitude por rexistro demandando unha copia do informe xurídico que, segundo o grupo de goberno do Concello, avala a reactivación do espazo denominado botellódromo situado no Recinto  Feiral.

Desde o PP afirman que o Concello non deu a coñecer ese informe xurídico "porque  a realidade é que os servizos xurídicos do Concello non emitiron informe algún respecto diso", sinala Pardo baseándose no comunicado da propia Xunta de Persoal onde se recollía que a traballadores da área de Benestar Social non emitira o documento e que ninguén coñece ese informe xurídico.

Pepa Pardo afirma que quere coñecer ao detalle se existe esa xustificación oficial. Apunta tamén que os populares non poden consentir que, para solucionar os problemas de convivencia no centro de Pontevedra, "o Concello habilite unha zona para concentrar a mozas e adolescentes para beber alcol". Ademais, lamentan que o goberno local promova a asistencia con música en directo, sen mecanismo de control algún, "en lugar de protexelos, lanzámolos ao baleiro" expresa a edil.

Denuncia, ademais, que se seguen rexistrando botellóns no centro urbano como na contorna de Sagasta. "Non só non se solucionou un problema, senón que se xerou outro novo", aduce. Lembra a necesidade de que se convoque á Xunta Local de Seguridade para que as persoas responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ofrezan a súa visión sobre esta problemática.