Pemes e autónomos locais coinciden en que as redes sociais son unha "oportunidade todavía por explotar"

Pontevedra
29 de maio 2020

Un total de 35 autónomos e pemes se conectaron este xoves ao sexto Encontro Dixital do programa "Reinicia Pontevedra" que impulsan a Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Autómos APE Galicia

Dúas persoas utilizando un teléfono móbil
Dúas persoas utilizando un teléfono móbil / Imaxe de Dean Moriarty en Pixabay

A concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron este xoves 28 de maio o seu sexto encontro dixital do ciclo "Reinicia Pontevedra".

Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda sete encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

O título do coloquio deste luns 25 de maio foi "Estratexias de comunicación dixital e física: redes sociais e influentes". Os cinco relatores coincidiron en que as redes sociais son unha "oportunidade todavía por explotar" polas pemes de Pontevedra e destacaron que teñen "capacidade de conectar especialmente coa clientela local".

Suliñaron que moitos pequenos negocios teñen unha presencia dixital e en redes sociais tan escasa que están "perdendo oportunidades". Tamén, que paga a pena "invertir tempo en mellorar as fotografías e os textos", porque repercute directamente na audiencia e seguidores en redes sociais da da empresa.

Neste cliclo organizado pola Secretaría Técnica de APE Galicia, os autónomos expertos de Pontevedra que interviñeron foron o presidente de AJE Pontevedra e membro da executiva de APE Galicia, Jesús Rey; Sonsoles Fariña, de Iconweb; Alberto Ribas, do blog turístico @Alvientooo; e Gonzalo Rodríguez, de El Club del Café, xunto co ponente e coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor de ventas e marketing en Pontevedra.