Turistas e pontevedreses gozaron durante máis dunha hora da intriga máxica que o ilusionista pontevedrés Pedro Volta ofrece no seu novo espectáculo denominado Abraiante.
Numerosos nenos e adultos déronse cita na Praza do Teucro para comprobar como o mago realizaba algúns dos seus mellores trucos. Baixo unha aparente sinxeleza e moito humor, os asistentes víronse sorprendidos con algún dos números nos que participaron algúns dos espectadores.
Tampouco faltaron momentos emotivos con referencias á infancia que provocaron o aplauso entusiasmado do público.