Pedro Sánchez traslada aos seus ministros as peticións do alcalde de Pontevedra

Pontevedra
03 de marzo 2020

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez respondeu por carta á misiva enviada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Pedro Sánchez asinando un documento
Pedro Sánchez asinando un documento / Gobierno de España

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez respondeu por carta á misiva enviada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

O alcalde dirixiulle un escrito o pasado 29 de xaneiro ao presidente do Executivo central no que lle sinalaba algunhas demandas do goberno municipal como as obras da chamada circunvalación da cidade a autovía A-57, o nó de bombeiros, o edificio de Facenda, o Museo de Pontevedra e a recuperación dos terreos de ENCE "para os usos propios dunha zona costeira e goce dos pontevedreses e de toda Galicia, non para unha empresa que podería ter o seu emprazamento en calquera outro punto do territorio".

Pedro Sánchez agradece agora a Fernández Lores a súa felicitación pola investidura "tarefa que asumo con ilusión, con clara vocación de dialogo" e igualmente dá as grazas a Lores por "o seu ofrecemento de lealdade institucional, así como pola súa disposición e vontade de colaboración".

Respecto a os proxectos e investimentos necesarios para a mellora da cidade de Pontevedra "comunícolle que fago chegar aos responsables ministeriais das devanditas cuestións copia do seu escrito para a súa oportuna valoración", apunta o presidente do Goberno de España.

Por último, Pedro Sánchez engade en canto á invitación para que visite a  Boa Vila "non dubide de que se máis adiante xorde a ocasión terémola presente para visitar a súa cidade".