Pedrazo, chuvia, vento e frío, o meigallo de San Cibrán neste 2024

Pontevedra
01 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Arredor de duascentas persoas seguiron a misa central da xornada celebrada na carpa situada fronte a ermida neste luns 1 de abril. As inclemencias do tempo restaron asistencia este ano á romaría típica onde se evita o meigallo dando nove voltas arredor da capela lanzando pequenas pedras ao tellado

Romaría de San Cibrán 2024
Romaría de San Cibrán 2024 / Mónica Patxot

Os devotos de San Cibrán tiveron que sortear as inclemencias do tempo para achegarse este ano á tradicional romaría que se celebra na ermida situada na parroquia de Tomeza.

Lóstregos, tronos, saraiba e choiva forte presentábanse ao redor das 11.50 horas, apróximadamente unha hora antes do inicio da misa principal da xornada, que oficiaba Casimiro Fernández, párroco de Campolongo, nunha carpa situada fronte á capela e seguida por ao redor de duascentas persoas.

Os violentos chuvascos evitaron a presenza de visitantes de fóra do municipio nunha xornada desapracible. Sheila Pazos, unna das representantes da organización. recoñecía o efecto da choiva na escasa asistencia que se rexistraba este ano respecto ao anterior. De todos modos, agradecía os "claros" momentáneos que, a intres, descubríanse no ceo. "Hoxe tamén é día laborable e a xente xa non pode subir como quixera", admitía.

Outros como Miguel, un veciño de Tomeza, cumpría coa súa tradición anual e a lombos do seu cabalo subía á festa, amenizada polo grupo de gaitas e tambores Polavila. Baixo unha carpa de grandes dimensións, que ecoaba baixo o vento, elaborábase polbo e churrasco durante esta xornada.

Os asistentes cumpriron cos ritos habituais desta celebración. Primeiro, ao prezo de dous euros, mercaban o ramo de herbas formado por romeu, malvarrosa, ruda, loureiro e oliveira; cinco herbas típicas para que o meigallo non entre na casa durante todo o ano. "Antes eran máis", apunta Sheila Pazos, "pero moitas herbas foron desaparecendo". 

O ramo debe manterse no domicilio, gardado ben seco, para queimalo con motivo do San Xoán. O efecto contra os maleficios dura un ano. Na seguinte romaría é necesario comprar outro ramo para renovar o escudo herbáceo

Tamén os devotos rodean nove veces a capela lanzando a cada volta unha piedrecita que recollen dunha cesta. "Son nove voltas, pero se alguén non as pode dar, sempre pode dar sete ou unha. Debe ser un número impar", explica Sheila Pazos para engadir que as pedras se lanzan para saber cantas voltas realizáronse.

Por baixo do santo tamén se establece un percorrido de sete voltas co mesmo obxectivo, liberarse da mala sorte.