A David Oubel, o veciño de Moraña encarcerado como presunto autor do asasinato das súas dúas fillas menores, poderáselle aplicar a nova figura xurídica da prisión permanente revisable. A posibilidade xa apuntáraa o fiscal do caso, Alejandro Pazos, e agora a confirma o Goberno do Estado.
A afirmación realizouna este martes a secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero, nunha entrevista en RNE indicou na que que falo desta figura recollida no artigo 140 do novo Código Penal "va a ser importante" e no caso do dobre crime de Moraña "ese asesino tieen que tener esa condena".
"Va a quedarse en la cárcel y no va a poder volver a cometer un delito como éste", sinalou a secretaria de Estado e número dous do Ministerio de Sanidade, nunha entrevista na que se referiu a este crime e ao dobre crime de Cuenca e recoñeceu que nestes casos hai que actuar a outros niveis, pois só ampliar a pena á que poden ser condenados "non lleva a solución". Na súa opinión é necesario un traballo máis amplo e "trabajar en la concienciación, sensibilización, protección y recuperación de las víctimas psicológica y económicamente".
David Oubel é o único imputado polo dobre crime das súas fillas Amaia e Candela, de 4 e 9 anos, cuxos cadáveres apareceron na súa casa do Casal o 31 de xullo presuntamente degolados polo seu pai cunha serra radial. O pai, que estaba separado da súa nai e tiña a custodia compartida, presuntamente intentou acabar coa súa vida tras matar as súas fillas, pero recuperouse das feridas rapidamente e ás poucas horas xa foi trasladado dende o hospital á Comandancia da Garda Civil. Dende o 1 de agosto está en prisión provisional, primeiro na Lama e agora en León.