Un grupo de mariñeiros que faenaban no caladoiro de Mauritania pechouse, de novo, no Concello de Marín, onde permanecen desde a mañá do luns para reclamar que se lles paguen as axudas comprometidas a todos os afectados polo fin do acordo pesqueiro.
O voceiro de CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que tanto o Goberno español como o galego ocultaron que a Comisión de Industria e Enerxía da UE ratificou a semana pasada o documento, nos términos negociados pola comisaria de Pesca Maria Damanaki.
O novo acordo co país africano exclúe á flota cefalopodera galega. Agora únicamente o Parlamento europeo ou o Goberno español "si dan un golpe encima da mesa e negocian as licenzas pola súa conta", poden revertir a situación.
O encerro estivo precedido dunha asemblea que se volverá a repetir mañá en torno ás 11.00 horas para valorar si manteñen a movilización ou si a suspenden, en función das noticias que reciban tanto desde a Xunta como do Goberno Central.
Os marineros e os seus representantes sindicais mantiveron un encontro cos portavoces municipais do Concello de Marín, que lles transmitiron o seu apoio, a excepción do grupo de goberno formado polo PP, "que non se posicionou". Na reunión valorouse a posibilidade de cambiar a data de celebración do próximo pleno municipal, previsto para o venres día 14 ás 20.00 horas, ao coincidir coa manifestación convocada con saída desde o concello de Marín ás 20.30 horas.