Paula Dapena queda "con todos los mensajes de cariño y apoyo" recibidos tras negarse a homenaxear a Maradona

Pontevedra
01 de decembro 2020

A futbolista pontevedresa, cuxo xesto negándose a seguir un minuto de silencio en honra a Diego Armando Maradona deu a volta ao mundo, foi recibida este martes no Concello de Pontevedra pola edil de Igualdade, Yoya Blanco, que lle mostrou o seu apoio de maneira rotunda ante as ameazas sufridas

Paula Dapena, na recepción ofrecida polo  Concello de Pontevedra
Paula Dapena, na recepción ofrecida polo Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

O seu xesto negándose a homenaxear a Diego Armando Maradona seguindo o minuto de silencio que se gardou na previa do partido entre o seu equipo, o Viajes Interrías, e o Deportivo Abanca deu a volta ao Mundo, o que provocou unha fervenza de apoio e tamén recibir ameazas.

A pesar de todo iso Paula Dapena asegura que "me quedo con los mensajes de cariño, apoyo y de ánimo" que lle mandaron, e que contrastan con outros desagradables. "Recibo amenazas de muerte e insultos, o decirme 'voy a ir a tu casa a partirte las piernas' o 'si vivieras en Argentina ya estarías muerta', amenazas de ese tipo", revela a futbolista pontevedresa, que este martes foi recibida no Concello de Pontevedra pola edil de Igualdade, Yoya Blanco, acompañada do tenente de alcalde, Tino Fernández.

"Eu quería arlle ás grazas por ese xesto viral dando á espalda ao machismo. Necesitamos referentes de mulleres novas que sexan referente", sinalou a concelleira cunha mensaxe de rotundo apoio á súa valente actitude.

Dapena asegura que non agardaba tanta repercusión ao seu xesto. "Me esperaba que quedase entre mis seguidores de Instagram y Twitter y en cuánto se saca la noticia en PontevedraViva me empiezan a llegar mensajes de apoyo de toda España, de todo el mundo, llamadas para hacer entrevistas...", explicou #ante os medios de comunicación.

Xa con tempo para reflexionar sobre todo o vivido nas últimas horas, o que ten claro Paula é que "sin ninguna duda" volvería repetir a súa protesta porque "estas cosas hay que pararlas. En el momento que no se hace un minuto de silencio por las víctimas de la violencia machista ya me parece mal pero aún encima hacerlo por una persona con las cosas que hizo, que son conocidas por vídeo, fotos, me parece aún peor. Hay que denunciarlo aunque sea sentándose en el suelo y dando la espalda", mantén.

Por último a futbolista do Viajes Interrías quixo agradecer tamén o apoio recibido por parte das súas compañeiras de equipo e do propio club.