Patty Diphusa actuará na XV Feira da Familia de Ribadumia

O Salnés
13 de abril 2025

A XV Feira da Familia celebrarase o 11 de maio na Praza do Concello con inchables, merendas, xogos tradicionais e actuacións musiciais

Patty Diphusa
Patty Diphusa / @Patty Diphusa

O Concello de Ribadumia converterá a súa praza principal nun espazo lúdico e de convivencia interxeracional o sábado 11 de maio, durante a celebración da XV Feira da Familia.

O evento, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 20:30 horas, ofrecerá unha variada programación pensada para todas as idades.

Os asistentes poderán gozar de diferentes actividades, entre as que destacan os xogos tradicionais deseñados para compartir momentos entre avós, pais e fillos.

Os máis pequenos contarán con inchables para o seu lecer, mentres que a animación musical correrá a cargo da actuación da artista Patty Diphusa.

A organización dispuxo tamén varios stands informativos sobre servizos e actividades da comunidade, e completará a oferta cun servizo de merendas e flocos de millo durante toda a xornada para crear un ambiente festivo e familiar.

Para participar nesta celebración é necesario anotarse antes do 8 de maio.

As inscricións poden realizarse na oficina do Educador Familiar, en horario de 9:00 a 15:00 horas.

As persoas interesadas tamén poden apuntarse chamando ao teléfono 986.718.491, número no que tamén se ofrece información adicional a través do Departamento de Servizos Sociais.