Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar.
Nesta ocasión, imos elaborar unha receita rápida e sinxela de paté, ideal como aperitivo para mollar paus de pan ou verduras cortadas en bastóns.
Neste prato, aproveitaremos todos os beneficios e bo sabor da cabala, un dos peixes azuis máis aprezados pola súa nutritiva graxa e a súa achega en Omega 3.

Este paté cremoso recibe o nome de 'muhammara'. Procedente orixinalmente de Aleppo (Siria), na actualidade é popular na cociña mediterránea. Ainda que poden variar os ingredientes, para falar de 'muhammara' é obrigado que esta pasta leve, polo menos, pemientos asados e noces.
Para preparar un delicioso Paté de pementos e noces con cabala Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 300 g de pementos vermellos asados
- 100 g de noces (aproximadamente unha cunca)
- 4 culleradas de aceite de oliva
- 1 dente de allo
- 1 culleradiña de zume de limón
- 1 culleradiña de comiño en pó
- 1 culleradiña de pemento doce ou picante
- 1 chisco de pementa negra
- 1 chisco de sal
Preparación:
Introducimos todos os ingredientes no vaso da batedora e trituramos ata alcanzar a textura desexada.
Reservamos na neveira para que arrefríe e asente.
Servimos o 'muhammara' cun chorriño de aceite de oliva por riba e acompañamos de paus de pan de pita ou verduras cortadas en bastóns.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "La cocina gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
