Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar un paté, ideal como aperitivo, para untar torradas ou para mollar verduras cortadas en bastóns, e onde aproveitaremos todas as calidades do atún.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar un delicioso Paté de atún Pescamar con olivas, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 200 g de queixo cremoso
- 100 g de maionesa
- 10 olivas recheas de anchoa
- 1 limón
- pemento doce ou picante
Elaboración:
Mesturamos o contido da lata de atún, previamente escorrida, co queixo cremoso e a maionesa coa batedora ata obter unha crema espesa.
A continuación, cortamos as olivas en anacos moi pequenos e engadímolos á mestura anterior ata que formen unha pasta consistente.
Incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade.
Por último, decoramos cun pouco de pemento doce ou picante.
Este paté sérvenos para untar tostadas ou ben o podemos usalo para dipear, é dicir, introducir paus de verdura ou de pan e mollalos coa pasta.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.