Pastel salgado de atún claro Pescamar

Pontevedra
26 de xullo 2020

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro, e onde aproveitaremos todas as calidades do atún, un peixe con alto contido en Omega-3

Pastel salgado de atún
Pastel salgado de atún

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar un Pastel salgado de atún claro Pescamar, indicado para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar un delicioso Pastel salgado de atún claro Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 5 patacas

- 1 lata deatún claro en aceite de oliva Pescamar

- 2 ovos

- 120 g de maionesa

- 4 olivas

- 70 g de tomate frito

- 4 tiras de pemento vermello

- Sal

Preparación:

Poñemos no lume un cazo de auga con sal. Cando estea a ferver, engadimos as patacas e cocémolas durante 30 minutos.

Sacamos as patacas e fervemos os ovos durante 10 minutos.

Unha vez frías as patacas, pelámolas e pasámolas polo pasador de puré.

Colocamos papel de aluminio nunha bandexa e estendemos a masa.

Posteriormente, preparamos a mestura da seguinte maneira: partimos os ovos, esmiuzamos o atún claro en aceite de oliva Pescamar, engadimos o tomate frito e un pouco de maionesa e remexemos ata que quede todo mesturado.

A continuación, estendemos a mestura no centro da masa de pataca e enrolamos con coidado, sen o papel de aluminio.

Para rematar, engadimos unha capa de maionesa e decoramos con olivas e tiras de pemento vermello.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.