Coa votación xa pechada, a prestixiosa web de arquitectura Archdaily acaba de facer públicos os gañadores do premio Building of the year (BOTY 2014) que na categoría de arquitectura deportiva galardoou ao Archery Hall & Boxing, situado en Tokyo.
O estadio de Pasarón de Pontevedra era un dos edificios finalistas para o premio, xunto con obras tan emblemáticas como o novo estadio de Maracaná en Río de Janeiro, o Grammel Hellerup Gymnasium de Dinamarca e o Wanagkura de Australia.
Por votación popular o recoñecemento foi para este pavillón construído maioritariamente en madeira, que acolle actividades de tiro con arco e boxeo, construído en 2013 polo estudo de arquitectura FT Architects, que asinan os arquitectos Katasuya Fukushima e Hiroko Fominaga.
O Archery Hall & Boxing conta con duos edificios, unha galería para a práctica do tiro con arco e un club de boxeo, separados por uns cantos centos de metros, pero cunha similar estrutura construtiva. Foi premiado, especialmente, polo seu método construtivo, no que se apostou por unha meticulosa ensamblaxe dos materiais, creando espazos que, segundo o xurado, sáense do ordinario e mostran o seu respecto pola tradición ancestral xaponesa.