Parte dun carril da rúa Xeneral Rubín permanecerá pechado en horario laborable durante esta semana

Pontevedra
11 de setembro 2023

A Policía Local indica que as obras de canalización de servizos obrigan a pechar parte do carril en horario laborable. Durante o resto de horas quedará aberto á circulación

Rúa Xeneral Rubín
Rúa Xeneral Rubín / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra sinala que durante esta semana, do 11 ao 15 de setembro, quedará pechado ao tráfico parte dun carril da rúa Xeneral Rubín en horario laborable.

Durante o resto de horas, a vía quedará completamente aberta á circulación. O motivo do peche é a realización de traballos para canalizar servizos na contorna.

Segundo informa o Concello de Pontevedra, ofrecerase paso alternativo á circulación mediante unha persoa que regulará o paso tentando dar a máxima fluidez posible.

Xeneral Rubín é unha vía de acceso á entrada do CEIP Campolongo e que, durante as horas de entrada e saída de escolares, suma unha importante presenza de vehículos.