Paran un patinete eléctrico por circular con dúas persoas e o seu condutor dá positivo en drogas

Sanxenxo
20 de outubro 2024
Actualizado: 9:39

Ocorreu en Portonovo. O condutor do patinete enfróntase a unha sanción de 1.000 euros por dar positivo en cannabis e outra, de 100 euros, por circular xunto a outra persoa

Vehículo da Policía Local de Sanxenxo
Vehículo da Policía Local de Sanxenxo /

Un veciño de Sanxenxo foi denunciado por circular cun patinete eléctrico en Portonovo baixo os efectos das drogas.

Axentes da Policía Local de Sanxenxo deron o alto este xoves 17 de outubro un patinete ao observar a dous mozos, de 18 e 22 anos, circulando no mesmo vehículo de mobilidade persoal.

Por iso procederon a advertirlles da prohibición de circular máis dunha persoa, e que iso supuña unha sanción leve de 100 euros.

Con todo os axentes sospeitaron pola súa conduta que o mozo que ía ao mando do patinete consumira sustancias psicotrópicas. Por ese motivo sometéronlle a un test, arroxando un resultado positivo en THC (canabbis).

Esta segunda infracción é xa moito máis grave, cunha sanción que se eleva aos 1.000 euros.

A Policía Local de Sanxenxo lembra que o uso dos patinetes eléctricos é persoal, non pode superar os 25 km/h e está prohibido circular por beirarrúas e zonas peonís. Tampouco está permitido o uso de móbil e auricular ou conducir baixo os efectos do alcol e drogas. Ademais en circulación nocturna débense usar luces e pezas reflectoras e é obrigatorio o uso de timbre, luz dianteira e traseira, catadrióptico dianteiro e traseiro e sistema de freado.