Para trasnadas, as deste luns cos maghachos do entroido de Cobres

Vilaboa
11 de febreiro 2024

O martes 13, día grande do entroido de Cobres, é xornada festiva en Vilaboa

Entroido en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa
Entroido en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa / Concello de Vilaboa

O luns de entroido en Cobres, Vilaboa, é luns de maghachos e de trasnadas. Os maghachos son persoas que ocultan a súa identidade con roupaxes, máscaras e complementos e que cada luns de entroido son os que están autorizados para facer trasnadas.

Desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas o entroido estará a percorrer os barrios do municipio. A partir desa hora da tarde, a comitiva desprazarase ata a carpa e ás 21.30 horas comezará a festa nocturna que estará amenizada polo Trío Digital e a Orquesta Saudade.

Durante a velada, que se prevé longa, os maghachos buscarán as súas vítimas entre o público asistente para sometelas ás bromas das que fan gala e cumprindo así con outra das tradicións do seu entroido.

Xa o martes, xornada festiva en Vilaboa, será o día grande da programación de Cobres. Nesta xornada terá lugar a corrida do galo que nesta ocasión contará co humorista Isi como mestre de cerimonias.

Arquivado en