Para ameixas, as que se degustan en Campelo

Poio
17 de setembro 2023

Ameixas para todos os gustos. Foi o que atoparon os centos de persoas que acudiron este sábado á Festa da Ameixa de Campelo, que está a celebrar os seus 35 anos de vida. Baixo a carpa habilitada na Praza da Granxa, os comensais puideron elixir entre ameixas á mariñeira, ameixas con fideos ou arroz con ameixas

XXXV edición da Festa da Ameixa de Campelo
XXXV edición da Festa da Ameixa de Campelo / Mónica Patxot

Ameixas para todos os gustos. Foi o que atoparon os centos de persoas que acudiron este sábado á Festa da Ameixa de Campelo, que está a celebrar os seus 35 anos de vida.

Baixo a carpa habilitada na Praza da Granxa, os comensais puideron elixir entre ameixas á mariñeira, ameixas con fideos ou arroz con ameixas. Ademais, como sobremesa houbo tarta de Santiago.

A Festa da Ameixa abrirá de novo as súas portas este domingo, a partir das doce da mañá.

Tras a inauguración do venres, na que se se rendeu unha homenaxe á xente do mar, a festa estivo amenizada este sábado por una sesión vermú coa música en directo de Desconcerto.

Houbo ademais unha festa infantil con inchables e obradoiros, unha nova edición do certame de canción mariñeira, o espectáculo pirotécnico desde o porto e unha verbena coa orquestra La Fórmula.

Para este domingo quedan as actuacións da Banda de Música de Arcade (13:00 horas) e da Escola de Acordeóns de Campelo (20:00 horas), un espectáculo dos Bolechas, (18:00 horas) e a actuación da orquestra Capitol (21:00 horas).