Papá Noel xa deu a coñecer a súa axenda dos próximos días na comarca de Caldas e, antes de Noiteboa, adiantará a súa visita cunha parada nos centros educativos do municipio este mércores 20 e este xoves 21 de decembro.
O mércores, a súa primeira parada será na Escola Infantil Municipal e as preto de 40 crianzas matriculadas poderán trasladarlle súas preferencias de xoguetes e outros presentes para deixar na Noiteboa. A última hora da mañá, chegará a quenda de coñecer ao alumnado do CRA, formado por unhas 30 rapazas e rapaces.
O xoves, a comitiva chegará ao CPI Alfonso VII para coñecer as alumnas e alumnos de Infantil e primeiro e segundo de Primaria (unhas 120 crianzas).
Papá Noel regresará a Caldas o sábado 23, en horario de 16.30 a 20.30, e o domingo 24 de10.30 a 13.30. Estará na Praza Doutor Sesto Casal para coñecer todas as peticións das nenas e nenos e tomar nota solicitudes de última hora e das cousas esquecidas nas cartas.
O tenente de alcalde de Caldas, Manuel Fariña, lembra que estes días son os últimos para facer a reserva de praza na ludoteca de Nadal habilitada para facilitar a conciliación das familias entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, coincidindo coas vacacións escolares. Para apuntarse é preciso chamar ao 638 571 061.
Tamén se mantén aberto o prazo para participar no Obradoiro de Reis que terá lugar o día 3 no Auditorio Municipal a partir das 17 horas, destinado a rapazada de máis de seis anos.
E o alumnado de Primaria que queira participar na Cabalgata de Reis pode solicitalo no departamento de Cultura ata o 29 de decembro.