O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este sábado o tradicional Festival de Panxoliñas, convocado polo Concello nun dos primeiros actos oficiais das festas do Nadal.
No mesmo actuaron seis agrupacións corais: Voces Amigas de Mourente, O Chopo, Airiños de Campañó, Alameda, Salcedo e Bela Helenes.
Todas elas interpretaron ata catro pezas das que puido gozar o público que poboaba as butacas do teatro.
Tamén en Poio, dentro da programación de Nadal, este domingo está previsto que se celebre o XVII certame de panxoliñas na igrexa da parroquia do Divino Salvador de Poio, coa participación da Coral de Poio, a de Cela e a de Vilaxoán.