O Concello de Caldas de Reis anunciou a programación das festas de verán, que contarán coa participación das mellores orquestras de Galicia.
O Tenente de Alcalde, Manuel Fariña, asegurou que a vila termal será "un bulideiro de actividade" entre o 13 e o 16 de agosto, con eventos e animación para todas as idades e aseguraba que se ficharon orquestras de "Champions League" para estes días.
Programación destacada
Día 13:
- Inauguración coas bombas de palenque ás 11:00 horas.
- Charanga ‘Noroeste’ e xigantes e cabezudos ‘As Espiñas’ pola mañá.
- Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre no escenario acuático do río Umia ás 21:00 horas.
- Verbena coas orquestras América de Vigo e Compostela a partir das 23:00 horas.
Día 14:
- Bombas de palenque e charanga ‘Alambique’ polas rúas durante todo o día.
- Concerto de Sés no escenario acuático ás 21:00 horas.
- Verbena coas orquestras Panorama e Travesía.
Día 15:
- Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “A Maquía” de Godos ás 11:30 horas.
- Concerto da Banda de Música Municipal de Caldas con Serafín Zubiri no espectáculo ‘Recordando a Nino Bravo’ ás 21:00 horas.
- Verbena coas orquestras Solara e Los Alkar.
Día 16:
- Pasarrúas e concerto da Banda de Caldas ás 13:30 horas.
- Concerto da Coral ás 19:00 horas.
- Actuación das pandereteiras das Burgas ás 20:00 horas.
- Gran Combate Naval no escenario do río ás 24:00 horas.
- Verbena coa discoteca móbil Gramola e o Combo Dominicano a partir da 1:00 da madrugada.
Manuel Fariña convidou a toda a veciñanza e visitantes a participar nas festas e destacou a recuperación do escenario acuático do río Umia, elemento simbólico da vila moi demandado polos habitantes de Caldas.
No Concello agardan unha alta participación de público durante os días de celebración, superando as 30.000 persoas que asistiron ás Festas da Primavera.