Panorama, París de Noia e Combo Dominicano axitarán a Praza da Granxa de Campelo

Poio
10 de maio 2024

As actuacións destas populares orquestras serán desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio dentro da programación da Festa da Fátima

Presentación da Festa da Fátima en Campelo
Presentación da Festa da Fátima en Campelo / Concello de Poio

Entre o xoves 16 e o domingo 19 de maio, Campelo celebrará as Festa da Fátima e entre a programación inclúense a algunhas das mellores orquestras do panorama musical galego.

A festa iniciarase na Praza da Granxa o xoves 16 con pasacalles a cargo de Vides Novas a partir das 20.00 horas. A continuación está prevista a actuación de Orquestra Panorama, que subirá ao escenario ás 22.00 horas. A xornada finalizará coa animación de Due Eventos.

O venres 17, a Escola de Música Tradicional de Poio percorrerá as rúas a partir das 10.00 horas. Pola noite chegará París de Noia e discotecas móbiles CDC.

O sábado 18, Vides Novas e Escola de Música Tradicional de Poio volverán animar as rúas. A actuación no escenario será do Combo Dominicano e, de novo, as discotecas móbiles CDC.

O domingo ás 12.00 horas está prevista a misa cantada polo coro Virxe da Fátima de Campelo. A continuación, celebrarase a procesión coa Banda de Guerra da Brilat. Vides Novas actuará na sesión vermú.

Ángel Moldes, alcalde de Poio, lembrou na presentación que a Festa da Fátima acollerá un dos Puntos Lila do Concello de Poio para concienciar e previr accións de violencia machista, ofrecendo información ás persoas que se acheguen e asistirán a calquera vítima en caso de agresión. 

Estará situado na rúa anexa á Praza da Granxa durante o xoves 16, entre as 22.00 e as 03.00 horas.

Tamén será o primeiro evento en que se repartirán os vasos reutilizables do Concello de Poio para reducir o consumo de plásticos e de vasos dun só uso.