O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 18 e o domingo 19 de marzo unha nova fin de semana de O Ganapán, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 4 e 10 anos.
Os escolares elaborarán paninis de cabaza e queixo de cabra e wraps saudables, dúas comidas que conxugan á perfección sabor e saúde, xa que, nesta ocasión, os ingredientes que as compoñen son verduras.
Por outra banda, os participantes nos obradoiros tamén terán a oportunidade de confeccionar un telescopio e de aprender a elaborar uns sementeiros de prantas con caixas de ovos.
As actividades desenvolveranse entre as 11:30 e as 13:30 horas.
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, insiste en que aqueles menores que desexen asistir aos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email [email protected], onde se solicitará que cada asistente indique as posibles alerxias ou intolerancias.
Tamén pide puntualidade aos asistentes e recomenda levar unha friameira para que os escolares trasladen os produtos elaborados ás súas casas e poidan saborealos coas súas familias.