Paloma Castro despedíase este xoves do seu cargo na concellería de Igualdade, Servizos Sociais e Benestar Animal no Concello de Pontevedra facendo balance da súa xestión. Esta semana presentou a súa renuncia e o martes, no próximo pleno da corporación municipal, farase efectiva. A partir de agora, ocupará un escano como deputada socialista no Parlamento de Galicia.
A responsable de Benestar Social durante o último ano mostrouse moi satisfeita pola resposta rápida que desde a súa concelleríase ofreceu ante a irrupción da pandemia. Sinalou que o equipo profesional do servizo traballara a fondo para facer fronte a momentos duros derivados da Covid-19. Neste sentido sinalaba que Pontevedra foi pioneira na resposta tanto para ofrecer solucións para as persoas sen teito como na xestión de comedores escolares ou a atención de persoas maiores ou dependentes que residían soas. Indicou que se cumpriron os protocolos sanitarios ata o punto de que non se rexistrou contaxio algún entre as persoas do servizos sociais do Concello.
Fixo ademais a lectura de que os servizos sociais que para moitos gobernos quedan en segundo plano mostraron que son fundamentais para resolver situacións como a causada pola pandemia impartindo xustiza social para que ninguén quede atrás. Por este motivo tamén encomiou o traballo das asociacións colaboradoras coas que o Concello incrementou o número de convenios e dos particulares e empresas que colaboraron de maneira solidaria durante todos estes meses.
Cifrou en 325.000 euros os cartos destinados a renda social; 200.000 en axudas de emerxencia e para facer fronte á Covid-19 a través de albergues, comida de nenos de servicios sociais, repartición de comida entre persoas vulnerables ou axuda ao fogar, ademáis de 50.000 euros que se investiron en programas de benestar social.
En relación co departamento de Igualdade, a concelleira tamén falaba de Pontevedra como unha cidade referente en materia de igualdade e diversidade, grazas ao reforzo do Centro de Información da Muller (CIM) e da mesa de violencia de xénero, ademais de haber puetso en marcha campañas contra trátaa de mulleres e contra a violencia contra as mulleres con actividades nos centros de ensino para evitar relacións tóxicas e alertar dos mitos do amor romántico. Neste punto destacou a presentación que o 23 de setembro realizarase en Pontevedra da documental 'Biografía del cadáver de una mujer', de Mabel Lozano. Paloma Castro indicaba que será unha primicia en España.
En canto á diversidade, a concelleira destacou a creación do Centro de Información sobre Diversidade e Sexualidade (CIDES) para persoas do colectivo LGBTI e tamén fixo referencia á convocatoria, entre outras iniciativas, do primeiro premio Pinto e Maragota, con características pioneiras en Galicia.
Por último, en relación co Benestar Animal, a concelleira relatou as numerosas campañas emprendidas durante o seu mandato facendo referencia aos dereitos dos animais e da responsabilidade dos seus propietarios con accións concretas contra os malos tratos animais ou coa recollida de deposiciones. Indicou que tamén durante este ano incrementouse a partida para o rescate de animais e a regulación de colonias.
Marcos Rey substituirá a Paloma Castro no posto da corporación e atenderá os Servizos Sociais mentres que a concelleira socialista Yoya Blanco será a encargada de asumir todos os temas relacionados con Igualdade.