Pais da Illa de Arousa crean unha xestora de cobranzas para pagar os 15,7 millóns de euros da lotería de Nadal

O Salnés
01 de xaneiro 2022

As sucursais bancarias da localidade rexeitan pagar as participacións, alegando a carencia do persoal necesario para realizar ese traballo. De modo que estes pais que están a organizar a excursión de fin de curso acordaron en asemblea crear unha xestora de cobranzas, para poder pagar os 15,7 millóns de euros en premios da lotería de Nadal

Celebración del cuarto premio en A Illa de Arousa
Celebración del cuarto premio en A Illa de Arousa / Mónica Patxot

O progresivo desmantelamento das entidades bancarias, especialmente no rural, está detrás do problema que lle xurdiu aos pais dos corenta nenos de cuarto de ESO do instituto da Illa de Arousa que venderon participacións do número 91.179 agraciadas cun cuarto premio da Lotería de Nadal.

As sucursais bancarias da localidade rexeitan pagar as participacións, alegando a carencia do persoal necesario para realizar ese traballo.

De modo que estes pais que están a organizar a excursión de fin de curso acordaron en asemblea crear unha xestora de cobranzas, para poder pagar os 15,7 millóns de euros en premios da lotería de Nadal, unha cantidade excesiva para que poida ser abonada pola propia administración de loterías que lles vendeu o número.

Son catro mil euros por cada participación, xa que os rapaces vendéronas a cinco euros dos que o comprador xogaba catro, quedando o euro restante para financiar a excursión fin de curso.

Este acordo formalizarase agora ante notario e terá que ser comunicado á Axencia Tributaria antes de cursar a orde ao banco onde están depositados agora os décimos para que os cobren, logo virá o pago a todos os agraciados.

Confían en poder empezar a repartir o diñeiro en cheques nominais cara a finais da próxima semana nun local que habilitarán para iso.