Paellada solidaria, música e equitación en Salcedo para axudar aos afectados pola dana

Pontevedra
10 de decembro 2024

As persoas participantes realizarán un donativo de 25 euros, 10 euros para menores de 12 anos. Para quen non poidan asistir pero desexen colaborar, habilitarase unha fila 0 para doazóns

Queco Lago
Queco Lago

O campo de equitación O Casal, en Salcedo, acollerá o próximo 21 de decembro un evento solidario para recadar fondos para as familias afectadas pola DANA de Levante.

O evento 'Camiñando Xuntos. Pontevedra-Valencia' comezará ás 12.30 horas e as persoas participantes realizarán un donativo de 25 euros, 10 euros para menores de 12 anos.

Ademais, para quen non poidan asistir pero desexen colaborar, habilitarase unha fila 0 para doazóns.

Os asistentes poderán gozar dun prato de paella, dúas consumicións, sobremesa e café.

Co fin de calcular as racións necesarias, é imprescindible reservar con antelación chamando ao 602 09 13 07.

Ademais, poderán participar en actividades para todos os públicos cunha variada programación que inclúe unha exhibición de salto ecuestre, actividades infantís e actuacións musicais.

A vertente musical inclúe a artistas de renome como Queco Lago, Froján, Jacobo Sáinz, Los Tonikash, Martes Mal, Pepe Solla, Valiente, Rober Calvo e Vagos.

O evento está organizado por Alba Torrado da Silva e Equitación O Casal, co compromiso de que o 100% do recadado destinarase a apoiar ás familias afectadas pola DANA.