Paella de arroz negro con luras en tinta Pescamar

Pontevedra
09 de setembro 2017

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das conservas Pescamar e un prato imprescindible na cociña estival: a paella. Nesta ocasión, imos aproveitar a textura e sabor da salsa que contén a lata de luras en tinta Pescamar para crear un delicioso arroz negro.

Paella de arroz negro
Paella de arroz negro

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un prato imprescindible na cociña estival: a paella. Nesta ocasión, imos aproveitar a textura e sabor da salsa que contén a lata de luras en tinta Pescamar para crear un delicioso arroz negro.

A paella de arroz negro é unha receita típica da cociña mediterránea española, especialmente das costas de Valencia e Cataluña. Tamén hai referencias culinarias en Italia, onde é coñecido o Riso nero a la Fiorentina.

Para preparar unha saborosa Paella de arroz negro con luras en tinta Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de luras en tinta Pescamar (reservamos a salsa)

- 1 bolsiña de tinta de lura

- 400 gramos de arroz

- 300 gramos gambas

- 100 gramos de ameixas

- 2 tomates maduros grandes

- 1 pemento verde

- 1 cebola

- 2 dentes de allo

- Perexil

- Litro e medio de caldo de peixe

- Aceite de oliva virxe extra

- Pementa moída

- Sal

Elaboración:

Poñemos un chorro de aceite de oliva na paelleira e sofritimos a lume medio o perexil, os allos, a cebola, o tomate e o pemento, que previamente teremos picado. Cando estean pochados, botamos un pouco de sal e pementa.

Engadimos as ameixas (que previamente as teríamos en auga para que solten as areas) e as gambas peladas. Deixámolas facer un par de minutos.

A continuación, vertemos a salsa das dúas latas de luras en tinta Pescamar e a bolsiña de tinta de lura. Incorporamos o arroz e sofritimos un minuto.

Cubrimos o arroz co caldo de peixe e deixamos cocer a lume forte durante 10 minutos. A continuación, incorporamos o contido das dúas latas de luras en tinta Pescamar e rematamos de cocer a lume baixo durante 8 minutos.

Cando estea listo o arroz, retiramos do lume e deixámolo repousando 5 minutos cuberto por un pano.

Unha peculiaridade dalgunhas zonas do Levante é servir este prato acompañado de salsa alioli, para que o comensal deguste o contraste de sabores e texturas.

En dúas semanas volveremos cunha nova proposta culinaria da man de Conservas Pescamar, dentro da serie "A cociña gourmet en conserva".