Pablo Fernández López dimite como presidente de AJE Pontevedra para ir como número 3 do PP

Pontevedra
05 de abril 2019

Tras dous anos a fronte da asociación empresarial decidiu na asemblea deste venres poñer fin a esta etapa e sumarse á listaxe popular que lidera Rafa Domínguez para as eleccións municipais

Rafa Domínguez e Pablo Fernández
Rafa Domínguez e Pablo Fernández / Partido Popular

Pablo Fernández López presentou a súa dimisión como presidente da Asociación de Jóvenes Empesarios de Pontevedra (AJE) na asemblea realizada este venres cos socios.

O ata agora máximo responsable da asociación empresarial vai figurar como número tres na listaxe electoral do Partido Popular, que lidera Rafa Domínguez, volvendo a presentarse na candidatura dos populares, despois da súa etapa con Telmo Martín na corporación pontevedresa.

Iniciara a súa etapa presidencial en maio de 2017 tras o mandato de Lucía Pedroso. Durante dous anos intentou impulsar diferentes retos da asociación empresarial co obxectivo de ofrecer máis servizos aos asociados.

Ao longo do seu mandato promoveu a expansión territorial, con presenza de AJE nas principais comarcas e aumentou o número de socios da entidade.

Arquivado en