Un total de 8.026 persoas están rexistrados como demandantes de emprego na cidade de Pontevedra. Así se recolle nos datos que fixo público este martes a Consellería de Traballo. A capital da provincia volve superar o listón dos 8.000 parados tras apuntarse en outubro ás listas de desemprego 36 persoas, un 0,44% máis que no mes de setembro.
En todo caso, os servizos públicos de Emprego destacan que Pontevedra conta con menos parados que hai un ano. Entón, había 8.559 persoas desempregadas na cidade, un 6,64% máis que en outubro deste ano.
O aumento das listas do paro neste mes de outubro foi xeneral en toda a provincia de Pontevedra, salvo contadas excepcións. Unha delas é Marín, onde o desemprego se reduciu en 47 persoas (un 2,02% do total). Os maiores aumentos producíronse en localidades cun forte vínculo turístico como Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Poio ou, en xeral, toda a bisbarra do Salnés.
Outubro 2014 | Setembro 2014 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.026 | 7.990 | 36 (0,44%) |
Barro | 382 | 374 | 8 (2,09%) |
Bueu | 1.107 | 1.038 | 69 (6,23%) |
Caldas de Reis | 1.089 | 1.057 | 32 (2,93%) |
Cambados | 1.380 | 1.298 | 82 (5,94%) |
Campo Lameiro | 208 | 204 | 4 (1,92%) |
Cotobade | 443 | 433 | 10 (2,25%) |
Cuntis | 535 | 498 | 37 (6,91%) |
O Grove | 1.132 | 1.066 | 66 (5,83%) |
A Illa de Arousa | 382 | 360 | 22 (5,75%) |
A Lama | 247 | 233 | 14 (5,66%) |
Marín | 2.316 | 2.363 | -47 (-2,02%) |
Meaño | 544 | 524 | 20 (3,67%) |
Meis | 544 | 476 | 68 (12,50%) |
Moraña | 515 | 512 | 3 (0,58%) |
Poio | 1.635 | 1.526 | 109 (6,66%) |
Ponte Caldelas | 687 | 675 | 12 (1,74%) |
Portas | 307 | 273 | 34 (11,07%) |
Ribadumia | 493 | 461 | 32 (6,49%) |
Sanxenxo | 1.628 | 1.416 | 212 (13,02%) |
Vilaboa | 613 | 599 | 14 (2,28%) |
Vilagarcía de Arousa | 4.622 | 4.403 | 219 (4,73%) |
Vilanova de Arousa | 1.067 | 1.020 | 47 (4,40%) |
DATOS PROVINCIAIS
Pola súa banda, o número de parados rexistrados nos Servizos Públicos de Emprego situouse en outubro na provincia de Pontevedra en 98.324 persoas. Esta cifra supón que, respecto ao mes de setembro, o número de desempregados se incrementa en 2.487 persoas, o que implica un aumento do 2,60 por cento nun mes.
Segundo os datos desvelados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en outubro rexistrouse un descenso de 8.856 desempregados respecto ao mesmo mes de 2013, un 8,26% menos.
No mes de outubro de 2013 rexistráranse na provincia 4.262 novos parados, un 4,64% máis que o mes anterior. En total, 107.180 pontevedreses encontrábanse en situación de desemprego fronte aos 98.324 actuais.
O número de afiliados á Seguridade Social, pola súa banda, situouse en outubro situouse en Galicia en 318.456 persoas, 2.154 menos que no mes anterior, isto é, produciuse un descenso do 0,67 por cento, superior ao á medida galega, que se situou nun -0,42 por cento.
Os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social indican que con respecto a hai un ano o número de afiliados pontevedreses creceu en 3.198 persoas, isto é, un 1,01 por cento con respecto a outubro de 2013.