Outubro deixa 102 parados máis na cidade de Pontevedra, coa provincia liderando a suba en Galicia

Pontevedra
03 de novembro 2017
Actualizado: 17:45

De novo, aumenta o paro na cidade de Pontevedra. Un total de 102 personas sumáronse ás listas de desemprego na capital da provincia no mes de outubro, segundo os datos facilitados este venres pola Consellería de Emprego, Economía e Industria. Debido a este incremento, en Pontevedra rexístranse 6.172 persoas como demandantes de emprego, un 1,65% máis que o mes anterior

Traballador en Pontevedra
Traballador en Pontevedra / Mónica Patxot

De novo, aumenta o paro na cidade de Pontevedra. Un total de 102 personas sumáronse ás listas de desemprego na capital da provincia no mes de outubro, segundo os datos facilitados este venres pola Consellería de Emprego, Economía e Industria. Debido a este incremento, en Pontevedra rexístranse 6.172 persoas como demandantes de emprego, un 1,65% máis que o mes anterior.

O aumento foi xeneralizado nos concellos da área de influencia de Pontevedra aínda que moito máis acusado en municipios turísticos como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía, Cambados ou Poio. A excepción foron Bueu, A Lama e Moraña, nos que caeu o paro durante o último mes.

    Outubro    Setembro     Variación 
Pontevedra6.1726.070102
Barro2972952
Bueu790798-8
Caldas de Reis7887853
Cambados1.0821.02953
Campo Lameiro1401364
Cerdedo-Cotobade37235814
Cuntis33832810
O Grove829632197
A Illa de Arousa31428628
A Lama170180-10
Marín1.7951.77520
Meaño39335934
Meis37936415
Moraña362382-20
Poio1.1761.12650
Ponte Caldelas55554510
Portas2192136
Ribadumia35832929
Sanxenxo1.179978201
Vilaboa4414356
Vilagarcía de Arousa3.5773.459118
Vilanova de Arousa      79777027

DATOS PROVINCIAIS

Pontevedra é a provincia galega na que máis subiu o paro no mes de outubro. O número de persoas en paro rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (Sepe) aumentou en outubro en 1.846 persoas na comunidade, das que 1.103 son pontevedresas. 

Segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a cifra total de desempregados inscritos na comunidade alcanza os 185.903, dos que 74.301 están rexistrados en oficinas da provincia de Pontevedra

A pesar deste incremento do paro durante o último mes, no total da comunidade, no último ano o paro experimentou unha diminución de 13.037, isto é, un descenso do 6,55 por cento. En Pontevedra, a redución traduciuse en 5.767 parados menos que un ano antes, isto é, un 7,20 por cento.

No conxunto de España, o número de persoas en paro aumentou en outubro en 56.844 persoas en relación co mes anterior, o que situou a cifra total de desempregados inscritos en 3.467.026.