Iniciativa, ilusión e creatividade é o que se respiraba na Ponte do Burgo de Pontevedra, o punto de partida para descubrir 'Os segredos agochados do Río Lérez'.
Pelos de punta. O entusiasmo e a emoción de vinte persoas con discapacidade visual ao descubrir as 'Sendas do Río Lérez' e a 'Illa das Esculturas', sentíanse de lonxe. Como o facían? A través de planos en braille.
Saír, presentarse e reivindicar a súa situación é o que os move. Así o explicou José Ángel Abraldes, director do CRE da ONCE: "cuanto más salgamos a la calle y más mostremos cuáles son nuestras necesidades, mejor las conocerá la sociedad. Lo que no podemos hacer es quedarnos encerrados".
Comprometidos, respectuosos e cun obxectivo moi claro: fomentar un turismo accesible para todos. Así se mostraba o alumnado do Instituto Carlos Oroza, coorganizador da actividade xunto o CRE da ONCE. Malia os nervios e a emoción demostraron a súa valía como futuros guías turísticos.
Clara Alfonsi, alumna do Carlos Oroza, confesaba a PontevedraViva entre as explicacións dos seus compañeiros que, "al final, para nosotros, esto también es una práctica para ser futuros guías, y además, guías para gente con cualquier tipo de diversidad. Eso se trabaja mucho en el Carlos Oroza".
Como é camiñar sen ver? Entre risas e bo ambiente, os protagonistas da actividade tamén expuxeron con firmeza as súas limitacións dirarias na cidade de Pontevedra:
"Los semáforos con sonido son esenciales y en esta ciudad se carece de ellos. Y si tenemos espacios peatonales, hay que respetarlos como peatonales. Evidentemente no hay barreras físicas, pero los obstáculos que hoy no están y mañana sí son muy peligrosos para las personas ciegas" comentou Abraldes.
Próximos e calorosos, os participantes agarraban con forza o brazo do seu guía para continuar o percorrido. O vínculo de máis dunha década entre o CRE da ONCE e o Instituto Carlos Oroza facíase notar. Así o reflectían as agradecidas palabras de Jose, un dos participantes: "É unha gran axuda para nós que esta xente que terminou uns estudos e van a dedicarse ao turismo conten con nós para facernos a vida máis fácil".
O vindeiro 13 de abril, o alumnado do Instituto Carlos Oroza servirá un almorzo a vinte afiliados da ONCE. Unha vez máis, poderán demostrar as súas habilidades coas persoas con discapacidades visuais.