Outra oportunidade para Alfageme: o Igape desestima o recurso dos Lago

O Salnés
18 de outubro 2012

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) reunido en consello extraordinario e urxente acaba de desestimar o recurso presentado pola familia Lago contra o procedemento aberto pola Xunta para que as empresas interesadas presentasen as súas ofertas para facerse cargo da conservera Alfageme.

Conservera Alfageme
Conservera Alfageme

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) reunido en consello extraordinario e urxente acaba de desestimar o recurso presentado pola familia Lago contra o procedemento aberto pola Xunta para que as empresas interesadas presentasen as súas ofertas para facerse cargo da conservera Alfageme.

Esta resolución impide seguir adiante co proceso de poxa polo que o Igape pasará agora á apertura dos sobres coas tres ofertas presentadas por Pescamar, O Consorcio e Coswinga para facerse con tres dos seus activos: as fábricas de Vilaxoán e Ribadumia e a marca Miau.

Abertas as plicas procederase á análise das ofertas en función do cumprimento de, entre outros, os requisitos de mantemento da actividade e de 150 empregos durante cinco anos, e polo menos 100 durante os próximos dez anos.

A decisión que adopte o Igape, a Xunta, será remitida á administración concursal, que é quen ten a última palabra.

A Xunta pagou avais por valor de 30 millóns de euros concedidos na anterior lexislatura.

A administración concursal xa foi informada da decisión do Igape.

A noticia transmitida polo alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole foi acollida con satisfacción por parte do colectivo de traballadoras que, en consecuencia, decidiron poñer fin ao peche no Concello iniciado o pasado luns. Antes de abandonar as instalacións municipais, representantes do comité de empresa agradeceron as xestións realizadas tanto por el como pola tenente de alcalde e deputada no parlamento Galego, Marta Rodríguez, nestes últimos días e tamén polo trato que se lle foi dispensado durante o peche no Concello.

Arquivado en