Outra fuga de auga na tubaxe que abastece a Marín

Pontevedra
06 de abril 2020

A rotura produciuse á altura da depuradora dos Praceres, na estrada PO-12 coñecida popularmente como a avenida de Marín

Avería na rede de abastecemento na Autovía de Marín
Avería na rede de abastecemento na Autovía de Marín / Diego Torrado

Unha avaría na tubaxe de auga que abastece aos municipios de Marín e Bueu provocou este luns un enorme géiser.

A rotura produciuse á altura da depuradora dos Praceres, na estrada PO-12 coñecida popularmente como a avenida de Marín.

A auga saíu despedida a unha altura considerable ata que lograron parar a fuga os traballadores de Viaqua, a empresa concesionaria do servizo de subministración de auga de Pontevedra.

Curiosamente xa se estaba a actuar noutra fuga localizada nesta mesma tubaxe no tramo que está colgado baixo o van da ponte de Santiago, concretamente no estribo na marxe esquerda.

Máis aló do rechamante do géiser, a rotura non tivo maiores consecuencias xa que a subministración a Marín e Bueu está a facerse a través da rede alternativa de Mourente.

Do mesmo xeito que as obras na ponte sobre o Lérez estes traballos están considerados esenciais polo que continuarán desenvolvéndose a pesar do Estado de Alarma.