Óscar Graña, policía, piragüista e artífice dun rescate no Lérez: "No, héroe no, esto lo hace mucha gente"

Pontevedra
30 de xullo 2015

O campión do mundo e dous cidadáns rescataron este xoves unha muller que caera ao río. Subiuna á súa piragua e, con axuda dunha muller que se botou a nadar dende o paseo, lograron achegar a vítima á beira. Un terceiro individuo axudounos a sacala da auga ata a chegada dos servizos de emerxencia. Agora está en Montecelo en estado grave

Óscar Graña e outro dos intervintes no rescate, pouco despois ás portas da Comisaría
Óscar Graña e outro dos intervintes no rescate, pouco despois ás portas da Comisaría

Óscar Graña non o dubidou nin un minuto. O policía Nacional e piragüista campión do mundo estaba a adestrar este xoves no río Lérez, como é habitual, cando sentiu "un fuerte estruendo". Era unha muller que caera da ponte da Barca e, sen pararse a pensar, se aproximou, subiuna á piragua e, con axuda dunha muller que estaba a facer footing polo paseo e que se tirou á auga, logrou achegala á beira. Alí axudounos un terceiro heroe que prefire permanecer anónimo. Entre os tres conseguiron sacala con vida da auga ata a chegada dunha ambulancia e das policías Local e Nacional. Nese momento, os servizos de emerxencia xa fixéronse cargo da vítima, que foi trasladada ao Hospital Montecelo en estado grave.

A descrición das accións da tarde deste xoves cumpren todos os requisitos para ser considerados unha heroicidade, pero Óscar Graña, que atendeu aos medios na porta da Comisaría pouco despois, non quere que se lle considere desa forma. "No, héroe no, esto lo hace mucha gente", mantén e comparte o mérito coas outras dúas persoas que lle axudaron a sacalo da auga: "Yo le eché la mano. La chica que se echó a nadar y me ayudó también sería otro héroe. El caballero que está ahí (físicamente están al lado en la Comisaría) también"

O campión olímpico considera que a súa reacción e a dos seus dous compañeiros é froito de "la sensibilidad humana de todos" e que "en principio, todos supongo que haríamos lo mismo, por lo menos intentarlo … La primera reacción, no solo por la profesión, al ver a gente que está en apuros, es echarle una mano". Iso si, recoñece que a súa preparación e experiencia como axente da Policía Nacional influíu na súa reacción. Estaba fóra de servizo, rematando o seu adestramento diario, pero todos os seus coñecementos profesionais lle serviron.

Todo aconteceu, segundo o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, sobre as 17.44 horas. Óscar Graña dirixíase dende a ponte da autoestrada en dirección á ponte do Burgo cando, tras pasar a ponte da Barca, sentiu o estrondo. Nun primeiro momento pensou que "que alguien había echado algo al río", xirou a cabeza cara á parte de atrás da súa piragua e viu que sobresaía no río un corpo cos brazos abertos, de aí que se decidise a actuar.

"Está totalmente inconsciente, me dirijo a él  y ya lo que hago es lo cojo por el brazo izquierdo desde la piragua, intento levantarlo un poquillo para sacar la cabeza del agua y a la vez que pido ayuda a la gente que está por el paseo", relata. Entre tanto, xa chegou á súa altura a rapaza que estaba a correr no paseo e se botara á auga e axúdame a estabilizar a canoa. Coa súa axuda, conseguiron chegar á beira e, con axuda do terceiro intervinte cidadán, "conseguimos parar la piragua y sacar a la víctima y, entre todos, allí intentamos reanimarla, la ponemos en posición lateral y ya empieza a expulsar agua y vómito". Todo foi moi rápido, pero ata o momento descoñécese se a rapaza se sobrepoñerá do duro golpe.