Tras as voltas que deu o proxecto de reforma da Avenida Luis Rocafort en Sanxenxo, os veciños da localidade piden agora unha revisión das 100 prazas de aparcadoiro que se perderán na rúa que dá acceso principal á praia de Silgar.
A través da plataforma Change.org, veciños, comerciantes e comunidades de propietarios queren que se estude a posibilidade de transformar as dúas liñas de aparcadoiro previstas ao longo da avenida en estacionamentos en batería.
As razóns que alegan son o aproveitamento do espazo, debido a que a reforma inclúe beirarrúas de tres metros e medio de ancho a cada lazo da calzada, e a comodidade para os residentes e comerciantes, que cren que o proxecto afectará á afluencia de clientes.
A reforma ten como obxectivo a priorización do viandante e para iso instalaranse 16 pasos de peóns elevados, 64 luminarias, ademais de bancos e árbores que contribuirían á humanización da avenida, segundo o goberno local. Os sanxenxinos consideran que supoñerá unha limitación tanto para eles como para os visitantes no verán nunha das zonas máis turísticas de Concello.
Por iso, os afectados polas obras, que comezaron o pasado 1 de marzo e estenderanse 6 meses segundo o previsto cun un parón estival, presentarán a demanda ante a Deputación e o Concello unha vez conseguido o apoio coas firmas necesarias a través de Change.org.